![]() |
LEGISLACIÓN CONSELLOS ESCOLARES MUNICIPAIS |
![]() |
Nº 49 - Venres, 11 de marzo de 1988
DIARIO OFICIAL DE GALICIA
CAPÍTULO
III
Sección
1ª.- Composición
Os Consellos Escolares municipais
son os órganos de consulta e participación dos sectores afectados na
programación do ensino non universitario e na planificación dos centros
escolares no ámbito municipal.
1.- Os Consellos Escolares
municipais serán consultados pola Administración educativa e deberán ser
consultados tamén polos respectivos Concellos sobre as segirintes cuestións:
a) Convenios e acordos de
colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou
calquera outra Administración pública que afecten ó ensino dentro do ámbito
municipal.
b) Actuacións e normas municipais
que afecten ós servicios educativos complementarios e extraescolares con
incidencia no funcionamento dos centros docentes, tales como transporte escolar,
comedores, servicios de limpeza e conservación.
c) .Actuacións e normas municipais
que afecten ou favorezan a ocupación real das prazas escolares coa
finalidade de mellora-lo rendemento educativo e, se é o caso, facer efectiva a
obrigatoriedade do ensino.
d) Situación de centros docentes
dentro da demarcación municipal.
e) Prioridade nos programas e
actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento
adecuado dos centros docentes.
f) Fomento das actividades
tendentes a mellora-la calidade educativa, especialmente no que respecta á
adaptación da programación ó medio.
g) Competencias educativas que
afecten ó ensino non universitario e que a lexislación outorgue os municipios.
h) Calquera outro asunto que pola súa
importancia para a vida escolar
do Concello lle sexa consultado.
i) Na programación de
investimentos en materia educativa.
2.- O Consello Escolar municipal
elaborará, ó finaliza-lo curso escolar, un informe sobre o estado do ensino no
municipio, que enviará á Corporación municipal e ó Consello Escolar territorial
respectivo, de habelo. No seu defecto, tal informe será remitido ó.Consello
Escolar de Galicia.
3.- O Consello Escolar municipal poderá elevar á
Administración educativa ou ó
Concello informes ou propostas para o mellor funcionamento do sistema educativo.
Para os efectos de composición do
Consello EscoIar municipal e elección dos seus membros, os concellos
clasificaranse da seguinte forma:
a) Concellos nos que exista un só
centro escolar.
b) Concellos nos que existan varios
centros escolares ou nivel e que conten con menos de 25.000 habitantes
c) Concellos que
conten con máis de 25.000 habitantes.
1.- Nos concellos onde exista un só
centro escolar, o Consello Escolar municipal terá a seguinte composición:
1.1.- O alcalde ou membro da
Corporación en quen delegue, que será o seu presidente.
1.2.- Tres profesores.do centro,
elixidos polos profesores do mesmo. Nos centros nos que o número de profesores
en servicio activo sexa de tres ou inferior, serán membros do Consello todos
eles.
1.3.- Dous país de alumnos,
elixidos polos país, as nais ou os representantes legáis dos alumnos
matriculados no centro.
1.4.- Un alumno, elixido polos
representantes dos alumnos no Consello Escolar do centro.
1-5.- Tres membros elixidos de
conformidade co que dispoña a Corporación municipal, de acordo do establecido
no artigo 16.1.b) da Leí do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro.
2.- Para os efectos de composición
do Consello Escolar municipal, considerarase que aqueles concellos nos que
exista un centro completo e unha ou varias escolas unitarias ou centros docentes
de menos de oito unidades, teñen un só centro. Os profesores, pais e alumnos
das mesmas exercerán os seus dereitos no tocante á elección de membros dos
Consellos Escolares, como se pertencesen ó centro completo.
1.- Nos concellos de
menos de 25.000 habitantes nos que existan varios centros escolares, o
Consello Escolar municipal terá a seguinte composición:
1.1.- O alcalde ou membro da
Corporación en quen delegue, que será o presidente.
1.2.- Sete profesores dos niveis
educativos correspondentes o ámbito do ensino non universitario de Galicia,
propostos por sindicatos ou asociacións profesionais, en proporción ás
representacións obtidas no municipio nas eleccións sindicais respectivas, no
sector docente:
1.2.1.- Cinco do ensino público.
1.2.2.- Dous do encino privado.
1.3.- Catro país de alumnos
propostos polas federacións de
asociaciones de pais de alumnos.
1.4.- Tres alumnos elixidos polos
representantes dos alumnos nos Consellos Escolares dos centros existentes no
municipio.
1.5.- Sete membros elixidos segundo
o que dispoña a Corporación municipal, de acordo co establecido no artigo
16.1.b) da Leí do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro.
2.- Se no municipio non houbese centros privados, o número
de profesores representantes dese ensino pasará a incrementa-lo número de
representantes do ensino publico.
1.- Nos concellos de máis de
25.000 habitantes o Consello Escolar municipal terá a seguinte composición:
1.1.- O alcalde ou membro da
Corporación en quen delegue, que será o presidente.
1.2.- Dez profesores dos niveis
educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia
propostos por sindicatos ou asociacíóns profesionais proporcionalmente á
representación obtída nas eleccións sindicais do sector docente, no
municipio, distribuidos da seguinte forma:
1.2.1.- Seis do ensino público.
1.2.2.- Catro do ensino privado.
1.3.- Seis pais de alumnos
propostos pola federación de asociacións de pais de alumnos.
1.4.- Catro alumnos elixidos polos
representantes dos alumnos en Consellos Escolares dos centros existentes no
municipio.
1.5.- Dez membros elixidos segundo
o que dispoña a Corporación municipal, de acordó co establecido no artigo
16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro.
2.- Se no municipio non houbese
centros privados, o número de profesores pasará a incrementa-lo número de
representantes do ensino público.
Sección
2ª.-
Procedemento, de eleccións nos Concellos en que existan só
un ou varios centros do mismo nivel
1.- A organización e supervisión do procedemento de eleccións dos
membros do C Escolar municipal representantes dos alumnos nos concello,os
que fai referencia estará a cargo da Xunta Electoral constituída en cada
Concello, a cal estara .integrada polo alcalde ou membro da Corporación en quen
delegue, un profesor, un pai e un alumno a partir do ciclo superior de EXB;
designados os tres últimos por sorteo.
2.- Respecto ós membros que deben
ser elixidos segundo o disposto pola Corporación local terase en conta o que a
mesma estableza.
Son competencias da Xunta
Electoral:
a) Aprobar e publica-los censos
electorais, que deberán reflexar en todo caso o nome e apelidos dos electores.
b) Ordena-lo proceso electoral.
c) Admitir e proclamar
candidaturas.
d) Promove-la constitución da mesa
electoral.
e) Resolve-Ias reclamacións
presentadas contra as resolucións da mesa electoral.
f) Proclama-los candidatos elixidos
e remiti-las correspondentes actas á Delegación Provincial de Educación e
Ordenación Universitaria.
1.- En representación dos alumnos:
1.1.- Serán elixibles tódolos
alumnos matriculados nos centros a partir do ciclo superior de EXB.
1.2.- Serán electores tódolos
representantes dos alumnos que formen parte do Consello Escolar dos centros.
2.- En canto os membros do Consello
Escolar que, en cumprimento do artigo 16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia
3/1986, do 18 de decembro, deben ser elixidos segundo o disposto pola Corporación
municipal, terase en conta o establecido pola mesma en canto á condición de
electores, sendo elixibles aquelas persoas nas que se dea algunha das condicións
enumeradas no precepto citado.
1.- Os censos electorais conterán a relación daqueles que reúnan
os requisitos para ser electores.
2.- Cada Xunta Electoral aprobará e publicará un censo de
electores dos alumnos que reúnan tal condición.
3.- Os censos electorais deberán
ser expostos nos taboleiros de anuncios dos centros e do Concello dez días
antes, polo menos, da data fíxada para o acto electoral, para a súa comprobación
e posibles reclamácíóns,. que resolverá a Xunta Electoral municipal.
O voto dos electores será directo,
secreto e non delegable.
1.- Poderán ser candidatos a
membros do Consello Escolar municipal en representación dos alumnos nos
municipios a que fai referencia esta sección aqueles que, ademáis das condicións
ás 'que se refire o artigo 34 do presente Decreto
presenten a súa candidatura avalada por unha asociación de alumnos, ou,
cando menos, por cinco alumnos que figuren no censo electoral. Se o número de
alumnos que figuren no censo electoral é inferior ou igual a cinco poderán
ser candidatos a totalidade dos mesmos.
2.- Os candidatos que reúnan as condicións ás que se refire o
apartado anterior serán proclamados pola Xunta Electoral que confeccionará
unha lista de candidatos que se expoñerá no taboleiro de anuncios dos centros
e no Concello.
1.- Os representantes dos alumnos
no Consello Escolar municipal serán elixidos polos representantes dos
alumnos nos Consellos Escolares dos centros existentes no municipio, entre os
candidatos proclamados pola Xunta Electoral.
2.- En cada Consello procederase á
constitución duna mesa electoral nominada pola Xunta Electoral e integrada
por un membro da Corporación municipal, designado polo alcalde, e dous
alumnos que reúnan a condición de electores (designados por sorteo entre
os que se presenten como candidatos).
3.- Cada Mesa Electoral, finalizada
a votación, procederá ó escrutinio dos votos, que será público, e unha
vez efectuado este, redactará unha acta que asinarán tódolos membros da mesa,
na que farán consta-lo número de votos acadados por cada un dos candidatos.
Destas actas darase traslado a Xunta Electoral municipal. A mesa encargarase de
presidi-la votación, conserva-la orde, velar pola pureza do sufraxio e
realiza-lo escrutinio.
1.- Recibida a acta pola Xunta
Electoral municipal, esta procederá a dirimir, se é o caso, os empates
producidos, seguindo o criterio de que resultará elíxido o candidato que posúa
maior antigüidade no Concello e, en caso de igualdade, o de maíor idade.
2.- A Xunta Electoral municipal
proclamará os candidatos elíxidos, dando traslado da copia da acta recibida ó
Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
3.- Contra as decisións da Xunta
Electoral municipal en canto á proclamación de candidatos poderase recorrer,
no prazo de quince días, perante o Delegado Provincial da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria. A resolución deste recurso poñerá
fin á vía administrativa.
REPRESENTANTE
DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA
Conforme ó disposto no artigo 16.2
da Lei 3/1986, a Administración educativa estará representada en cada
Consello Escolar municipal polo funcionario que designe o Delegado Provincial da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
DISPOSICIÓNS
ADICIONAIS:
O Consello Escolar de Galicia deberá
constituirse no prazo de catro meses, a contar desde a entrada en vigor do
presente Decreto.
As cuestións que se poidan
presentar en canto á designación dos conselleiros por razóns de
represntatividade serán resoltas pola Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria mentres non se constítúa o Consello Escolar de Galicia, logo de
audiencia e consulta das organizacións interesadas.
Os Consellos Escolares municipais
que estean constituidos acomodaranse ó disposto no presente Decreto no prazo de
tres meses, desde a entrada en vigor do mesmo.
DISPOSICIONS
TRANSITORIAS:
Con carácter excepcional, os dous
anos da constitución do Consello Escolar de Galicia, cesarán, por sorteo, a
metade dos conselleiros de cada grupo a que se refire o artigo 4, a excepción
dos do apartado 3 dese mesmo artigo, que cesarán na súa totalidade.
En canto non funcionen as federacións
ou asociacións de concellos ás que se refire o artigo 4.11 deste Decreto, a
representación que nese apartado lles atribúe ás mesmas distribuirase da
seguinte forma:
a) Concellos de máis de 100.000
habitantes, dous representantes propostos polo seu máximo órgano de goberno.
b) Concellos de máis de 20.000, e
ata 100.000 habitantes, dous representantes.
c) Concellos de 10.000 a 20.000,
dous representantes.
d) Concellos de menos de 10.000
habitantes, dous represen tan tes.
Ata a aprobación da Lei de
organización territorial de Galicia, o ámbito territorial dos Consellos
Escolares territoriais será o provincial.
O número de representantes dos
Consellos territoriais no Consello Escolar de Galicia redúcese a 4 membros,
un por provincia, mentres non se promulgue a Leí de organización territorial
de Galicia.
DISPOSICIÓNS
DERRADEIRAS:
Este Decreto entrará en vigor o día
seguinte ó da sua publicación no Diario Oficial de Galicia.
.........................