![]() |
LEGISLACIÓN REGULAMENTO
DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE NIGRÁN
|
![]() |
BOLETÍN
OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 219 – Miércoles 14 noviembre 2001
NIGRÁN
Asunto:
Regulamento do Consello Escolar municipal de Nigrán.
Procedemento:
Aprobación de disposicións de carácter xeral.
Trámite:
Publicación.
Norma
de aplicación: Art. 70.2 e concordantes da Lei 7/1985, de 2 de abril,
Reguladora das Bases do Réxime Local.
Aprobación:
Pleno do Concello, en sesión do 28 de xuño de 2001.
Tra-la información pública
no Boletín Oficial da provincia do 7 de agosto de 2001 quedou elevado a
definitivo o mencionado acordó polo que se aproba o expresado Regulamento. O
texto do mesmo publícase no Anexo.
ANEXO
REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR
MUNICIPAL DE NIGRÁN
LIMIAR
A Lei 3/1986, do 18 de decembro,
dos Consellos Escolares de Galicia establece, no seu artigo 15.2, que os
municipios que dispoñan polo menos dun colexio de E.X.B. deberán constitui-lo
Consello Escolar Municipal. Por outra parte, o artigo 17.2 determina que os
concellos poderán toma-la iniciativa da constitución dos seus respectivos
consellos escolares municipais, fixando as normas regulamentarias de
procedemento e comunicándolle á Consellería de Educación o acordó
municipal adoptado. De con-formidade coa referida disposición legal, tendo en
conta as previsións do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan
os Consellos escolares e as demais normas de aplicación, formúlase o
presente Regulamento.
Artigo 1.—Finalidade.
O
Consello Escolar Municipal de Nigrán (CEMN) constitúese como órgano de
consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino
non universitario e na planificación dos centros escolares no termo municipal.
Artigo 2.—Competencias
O
CEMN será consultado e emitirá os informes e propostas relacionadas
coas cuestións previstas nas disposicións aplicables.
Artigo 3.—Composición
O
abeiro do disposto no artigo 16, apartado b), da Leí 3/86 e no artigo 30 do Decreto
44/88, o Consello Escolar Municipal de Nigrán (CEMN), estará composto polos
seguintes membros:
a)
Presidente/a; O/a alcalde/sa ou membro da Corporación en quen delegue.
b)
Profesorado: Sete profesores dos niveis educativos correspondentes ó
ámbito do ensino non universitario de Galicia, propostos por sindicatos
ou asocíacións profesionais, en proporción ás representacións obtidas no
municipio nas eleccións sindicáis respectivas, no sector docente, do seguinte
xeito:
-
Cinco do ensino público.
-
Dous do ensino privado.
c)
Nais/pais e alumnos: Cairo nais/pais de alumnos propostos polas federacións de
asociacións de país de alumnos e tres alumnos elixidos polos representantes
dos alumnos nos Consellos Escolares dos centros existentes no municipio.
d)
Outros sete membros designados polo Concello, do seguinte xeito:
-
O director dun dos centros docentes públicos do municipio, proposto
polos directores deses centros.
- Un representante proposto polo sindicato máis representativo no ámbito docente no termo municipal.
-
Un representante proposto pola/s asociación/s de empresarios do
municipio.
-
O titular dun dos centros privados e concertados do municipio, á
proposta dos mesmos.
-
Un representante das asociacións de vecinos inscritas no rexistro municipal
correspondente, á proposta das mesmas.
-
Un representante dos movementos de renovación pedagóxica, á proposta
dos mesmos.
-
Un especialista en temas educativos nomeado polo Concello.
No
caso de que no prazo dun mes non se formulen propostas que se axusten
ó anteriormente sinalado, o Concello realizará libremente a designación
entre persoas nas que se dea algunha das condicións enumeradas.
e)
Un funcionario representante da Administración educativa, designado por esta.
Artigo 5.—Organización.
lº.—A Presidencia.
O/a
presidente/a do CEMN terá as seguintes funcións:
*
Representar ó CEMN.
* Convocar, presidi-las sesións e
modera-los debates do Pleno e da Comisión Permanente do CEMN, decidindo os
empates co voto de calidade.
*
Autorizar coa súa sinatura os acordos do Pleno do CEMN.
*
As demáis funcións inherentes á súa condición de presidente do órgano.
2°—O
Pleno. Serán competencias do Pleno de CEMN:
* Emitir os informes e propostas sobre as materias ás que se refire o art. 27 do Decreto 44/88 e demáis normas de aplicación.
*
Elixi-los membros da Comisión Permanente.
*
Aproba-la creación de comisións de traballo.
3°.—A
Comisión Permanente.
Formada
polo presidente, dous profesores, un pai ou nai, un alumno/a, e dous
representantes do grupo de outros membros, será a encargada de preparar os
asuntos que deban someterse ó CEMN e de xestiona-los asuntos que lle encomende
o Pleno ou o Presidente.
4º.—A Secretaría.
Actuará
como Secretario o.traballador do Concello que designe o Alcalde,
preferentemente entre o persoal que preste os seus servicios no departamento
con competencias en materia de educación. Redactará as actas do CEMN,
custodiará os documentos do Consello, e realizará os demáis cometidos
inherentes á súa función.
Artigo 6.—Funcionamento.
1.—Funcionamento
do Pleno do CEMN:
a)Constitución
inicial. Será necesario que asistan, como mínimo, a maioría absoluta dos
membros que o compoñen. De non acadarse o quórum establecido, procederase a
unha nova convocatoria nun prazo máximo de 7 días, podendo constituirse se
concorre un tercio dos membros.
b) Sesións. Celebrará tres sesións
ordinarias ó ano, unha ó cuadrimestre, coincidíndo cos meses de setembro,
febreiro e xuño.
As sesións extraordinarias
convocaranse á iniciativa da Presidencia ou se o solicita por escrito, como mínimo,
unha terceira parte dos vocais.
As convocatorias realizaranse cunha
antelación mínima de 72 horas.
c) Quórum de asistencia. Para válida
celebración das sesións deberán concorrer, en primeira convocatoria, polo
menos a maioría absoluta dos membros de dereíto e, en segunda convocatoria,
media hora máis tarde, a terceira parte.
Sempre será necesaria a presencia
do Presidente e do Secretario.
d) Acordos. Os acordos
adoptaranse por maioría dos votos dos asistentes.
2.—Funcionamento
da Comisión Permanente:
Reunirase
cando a convoque o Presidente ou á petición da maioría absoluta dos seus
membros. Para a válida celebración das súas reunións deberán asistir,
polo menos dous membros, ademáis do Presidente.
3.—O
CEMN terá a súa sede nas dependencias municipais.
Artigo 7.—Renovación.
O
mandato dos vocais do CEMN será de dous cursos académicos, renovándose
preferentemente os seus membros no mes de setembro.
Os membros tamén perderán a súa
condición no momento en que deixen de pertencer os grupos que os propuxeron,
ou as súas organizacións perdan a representatividade que lles permitiu
nomealos.
No caso de producirse algunha
vacante, deberá ser cuberta nun prazo máximo de dous meses. O novo membro será
designado polo tempo que reste para completa-Ío mandato do seu antecesor.
Artigo 8.—Outras disposicións.
Sen
prexuízo do establecido na Lei 3/86, do 18 de decembro, de Consellos Escolares
de Galicia e no Decreto 44/88, do 11 de febreiro, para o non previsto no
presente Regulamento, será de aplicación supletoria a lexislación do réxime
local.
Nigrán, a 26 de outubro de
2001.—O Alcalde, José Manuel Rial Cadaval.