ED. INFANTIL, ED. PRIMARIA E ESO
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ó 20 de marzo.
Horario de atención: de 8:30 a 13:00 (de luns a venres). Se neste horario non pode vir, darémoslle cita chamando ó 986 368073.
O impreso de solicitude de admisión (ED550B) poden solicitalo no centro ou ben descargalo desde a nosa páxina web www.colegioaguarda.com e entregalo cuberto e asinado en Secretaría xunto coa documentación.
Se desexan presenta-la solicitude de maneira electrónica, poden facelo a través da aplicación admisionalumnado sempre que dispoñan de certificado dixital ou Chave365.
Para calquera eventualidade ou dúbida sobre o proceso de admisión, estaremos ó seu dispór na Secretaría do centro.
Documentación necesaria:
- Documento acreditativo da idade do alumno-a (copia da folla do Libro de Familia ou DNI).
- Certificado de matrícula (unicamente para alumnos-as de Primaria e ESO que soliciten cambio de centro escolar).
No caso de que houbese máis solicitudes que prazas vacantes, habería que BAREMAR. O día 23 de marzo publicarase na nosa web e no taboleiro de anuncios do Centro, os cursos para os que sexa necesario baremar. O prazo de entrega da documentación xustificativa, será do 25 de marzo ó 14 de abril.
Data de publicación de listaxes provisionais: antes do 25 de abril.
Prazo de reclamacións no centro: 5 días hábiles (a partir do día seguinte á publicación).
Publicación de listaxes definitivas: antes do 15 de maio.
Formalización matrícula:
Do 21 ó 30 de xuño para Infantil e Primaria.
Do 30 de xuño ó 10 de xullo para a ESO.
Do 2 ó 10 de setembro (ESO) prazo extraordinario.
INFORMACIÓN DE INTERESE:
- A solicitude debe de ser única. A infracción desta norma supón a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- En caso de separación ou divorcio con patria potestade compartida, a solicitude de praza ten que vir asinada por ambos proxenitores.
- Todo o alumnado ten garantía de permanencia no centro onde cursa estudos aínda que, se presenta solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo.
O alumnado que sexa admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no de orixe.
- A solicitude de admisión é incompatible coa reserva de praza nun centro adscrito. Se presentou reserva de praza para centro adscrito, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do 1 de marzo para poder presentar a nova solicitude noutro centro.
TÁBOA DE BAREMACIÓNS
(Aplicable só no caso de que haxa máis solicitudes que prazas vacantes)
CRITERIO PUNTUABLE | DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR |
---|---|
Irmáns no centro e que vaian continuar escolarizados no centro (8 puntos un irmán e 2 puntos polo segundo e seguintes irmáns). | Orixinal e copia do Libro de Familia. |
Proximidade do domicilio familiar. O empadroamento do alumno debe de ter unha antigüidade mínima dun ano e estar expedido no ano 2021. (6 puntos se o domicilio se atopa na área de influencia do centro e 3 puntos se está nas áreas limítrofes) | Xustificante familiar do Padrón Municipal. En caso de non coincidir domicilio familiar e fiscal de ambos proxenitores ou tratarse dun cambio de domicilio con menos dun ano de antigüidade, pediráselles a seguinte documentación: -copia de escritura ou contrato de aluguer e últimos recibos de subministros (luz, auga…) a nome dun dos proxenitores. |
Proximidade do lugar de traballo do pai, nai ou titor legal. (non é acumulable esta puntuación coa do domicilio familiar). (4 puntos se o lugar de traballo se atopa dentro da área de influencia do centro e 2 se está nas áreas limítrofes). | >Traballadores por conta allea: certificado expedido polo empregador e copia do contrato de traballo. >Traballadores por conta propia: -Alta censal inicial na Axencia Estatal Tributaria. -Alta na Tesourería da S.S. >Funcionarios: Certificación expedida pola Xefatura de Persoal. |
Rendas anuais da unidade familiar. (A correspondente ó exercicio fiscal do ano 2019) Suma das casas “Base impoñible xeral” +”Base impoñible do aforro” dividido entre o nº de membros da unidade familiar. IPREM ano 2019: 6.454,03€ (3, se é inferior a 0,5 veces o IPREM, 2 se é igual ou superior a 0,5 veces o IPREM e inferior a 0,75 veces o IPREM e 1 puntose é igual ou superior a 0,75 e inferior ó IPREM). | Autorizar consulta automática de datos por parte da Consellería de Educación. Na solicitude. |
Familia numerosa. 3 puntos por familia numerosa de categoría especial. 2 puntos por familia numerosa de categoría xeral. | Autorizar consulta automática de datos por parte da Consellería de Educación. |
Familia monoparental. (*) (2 puntos) | Orixinal e copia do Libro de Familia e certificado de empadroamento. |
Discapacidade do alumno, pais ou irmáns superior ó 33%. 4 puntos por discapacidade do alumno, da nai, pai ou titor legal 3 e dalgún irmán ou irmá, 1 punto. | Autorizar consulta automática de datos por parte da Consellería de Educación. Na solicitude. |
(*) Familia monoparental: é aquela que está composta por un único proxenitor que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos menores ó seu cargo, sempre que o outro proxenitor non contribúa economicamente ó seu sustento. Os casos de viuvez ou orfandade, se se percibe unha pensión, non serán considerados familia monoparental.