O Colexio concertado Ángel de la Guarda de Nigrán, recibe de mans da Fundación Pfizer o premio ao mellor Equipo de Comunicación na 5ª edición dos ‘Health Guardians 2030’ no que competiron os mellores proxectos escolares en sostenibilidade e STEAM(Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas).

A entrega de premios desta 5ª edición do programa educativo ‘Health Guardians 2030’ tivo lugar na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia a pasada fin de semana, e reuniu a estudiantes, docentes e mentores, nunha xornada marcada polo talento xuvenil e o compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Esta iniciativa fusiona ciencia, tecnoloxía, creatividade e sostenibilidade, co obxectivo de espertar vocacións STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas) entre os máis novos.A través dunha metodoloxía basada na “gamificación”, o programa permite ao alumnado desenrolar solucións creativas a retos globais relacionados cos ODS, utilizando como ferramenta o entorno do videoxogo ‘Minecraft Education’. Esta aproximación facilita a adquisición de competencias clave como o pensamento crítico, o traballo en equipo, a comunicación, a creatividade e a responsabilidade social.
Nesta edición 2024-2025 participaron 6.920 estudiantes de 90 colexios e 67 municipios de España, traballando en equipo para identificar problemáticas reais e propoñer solucions sostibles dende unha perspectiva científica y tecnolóxica. En total, nas cinco edicións do proxecto teñen participado máis de 25.000 alumnos de 5º-6º de Primaria y 1º -2º de la ESO.O colexio Ángel de la Guarda de Nigrán consolídase así como un referente na educación innovadora, comprometido coa formación integral do seu alumnado e cos desafíos do futuro.
